Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida, formase en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitado), unha estructura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínd
a que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido. A ciencia que os estuda chámase meneraloxía. Así pois, as tres características básicas dos minerais son:
-Material inorgánico de orixe natural.
-Material cristalino, ordenado en celas unidade.
-Material sólido,salvo raras excepcións.
Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou varios, como o cinabrio.











