Rinoceronte laúdo

O rinoceronte laúdo (Coelodonta antiquitatis) era un membro da familia dos actuais rinocerontes, que vivía en rexións glaciais e posuia un avantaxado manto de pelo, atinxido cerca de 3,5m de longo, 1,8m de altura e 3,5 toneladas de peso. Alimentábase de gramíneas e musgos, utilizando o se corno cando fose necesario para cavar na neve para obtelas. Viviu xunto o mamut, ao oso das cavernas e grandes felinos prehistóricos, cos que disputaba os alimentos e defendía as súas crías, pois un rinoceronte-laúdo adulto non posuía moitos depredadores naturais. O seu parente máis próximo vivo é o rinoceronte de Sumatra.

Os cornos eran excepcionalmente longos, sobre todo o primeiro que podia alcanzar un metro de lonxitude, e aplanados, tan diferentes dos doutros rinocerontes que cando descubriron os primeiros cornos illados e conxelados en Siberia no seculo XIX, foron clasificados inicialmente como gadoupas de aves xigantes.Ademais como defensa fronte os carnívoros e arma na época de celo, servían para apartar a neve durante o inverno e acceder así a herba debaixo de ela.