A Sociedade Española de Automóbiles de Turismo, máis coñecida polo seu acrónimo SEAT, é un dos principais fabricantes de automóbiles de España . Fabricou unhas 408.318 unidades o ano 2006 e prevese que aumentará a súa produción a 480.000 o ano 2008. Desde 1990 é subsidiaria do Grupo Volkswagen de Alemaña.
A compañía foi fundada en 1950 polo Instituto Nacional de Industria (INI) como medio para motorizar a España de posguerra e fabricaba os coches de Fiat , o principal fabricante de automóbiles de Italia, baixo licenza. O seu primeiro presidente foi Jose Ortiz , o enxeñeiro fundador de CASA. O estado español mantivo unha participación importante na sociedade. Cando FIAT se retirou en 1980, o Grupo Volkswagen
adquiriu a maioría das accións en 1986 converténdose no único accionista, ao adquirir a participación que mantiña o estado español.
O primeiro modelo foi o 1.400, o cal se produciu nunha amplísima gama de versións. A súa produción comezou en 1953 e rematou coa versión C en 1963