O FLOORBALL

O floorball é un deporte no que se enfrontan dous equipos, normalmente de 6 xogadores cada un.

Os xogadores empregan uns paus de plástico chamados ¨sticks¨, cos que os participantes, conducen e golpean unha pelota de plástico que está furada.

Este deporte practícase nunha pista pechada con dúas porterias.

O reglamento é o seguinte:

-O porteiro non pode reter a pelota mais de 3 segundos e non pode sair da zona de gol, pero si que pode tocar a pelota con calquera parte do corpo.

-Cando se lanza un golpe franco, os opoñentes deben estar a 3 metros da pelota.

-Se a pelota sae do terreo de xogo (fóra do valo), o outro equipo pode continuar o xogo a 1 m do punto por onde saíu.

-A pelota pode ser golpeada co pé, pero só unha vez e sen pasala a ningún compañeiro.

-Pódese xogar coa pelota polo aire, mentres que sexa por debaixo dos xeonllos.

-Non se pode entrar en contacto físico cos xogadores contrarios.

-Non se permite xogar sen stick.

Está permitido:

-Quitar a pelota a un opoñente co stick.

-Meter o stick na área de gol.

Non está permitido:

-Entrar na área da portería se es defensor.

-Mover a portería para evitar un gol.

Os aspectos tecno-tácticos son:

-Agarre do stick

A man menos hábil debe estar no extremo do stick, e a mais hábil a uns 20 cm da outra e as pernas deben estar flexionadas, para non dañar a espalda.

Desplazamentos, paradas e fintas

Para cesprazarse co stick e a bola e preciso facelo co maior control posible e utilizando ambos lados do stick

.-Lanzamento

Realízase igual que un pase, pero con máis forza, polo tanto temos que acercar a pelota ao pé retrasado e exercer unha forte acción coa man dominante.

Marcaxe

É aacción que fai un xogador sen posesión da bola acercándose ao seu opoñente co obxectivo de impedir que este a reciba ou que a pase a algún compañeiro.

Pases e recepcións

É importante poder evitar o salto da bola á hora de recibila, por iso hay que colocar o stick formando un ángulo de 90ª.Para realizar o pase, hai que empullar a bola, non golpeala.

4 exercicios para practicar a conducción son:

Xogar contra a parede, dandolle golpes a bola co stick e parandoas.

Golpear a bola con ambos lados do stick.

-Parar a bola co stick, co peito ou co pé.

Dirixir a bola co pé ao stick.