Vexamos un exemplo de como viven os habitantes de dúas zonas do mundo que teñen climas moi duros: O Polo Norte , onde as temperaturas están baixo cero a meirande parte do ano, e o deserto do Sáhara, onde case non chove nunca e a calor é moi intensa.
As casa do deserto son de paredes grosas para illar o interior do calor, e teñen fiestras moi pequenas para evitar que entre o Sol. Os teitos son plan
os porque non hai que temer da chuvia.
As vilas sitúanse nos oasis porque precisan ter preto cursos de auga para abastecer os seus habitantes e regar os campos.
Os seus habitantes levan roupas anchas que lles cobren todo o corpo para non queimarse; tamén tapan a cara con panos para evitar a area nos ollos.
As casas das paisaxes polares están pintadas de cores vivas
para contrastar coa cor da neve e do ceo, case sempre gris.
Como escurece, os nenos van á escola só ata as 2 da tarde, e os comercios pechan as 4 ou ás 5.
As poboacións establécense na costa porque o clima non é tan extremo e porque a pesca e mais a industria do peixe son as actividades económicas máis destacas.
Os transbordadores comunican as poboacións por mar. Apenas hai estradas, xa que case todo ana serían impracticables.