O floorball é un deporte no que se enfrontan dous equipos, normalmente de 6 xogadores cada un.
Os xogadores empregan uns paus de plástico chamados ¨sticks¨, cos que os participantes, conducen e golpean unha pelota de plástico que está furada.
Este deporte practícase nunha pista pechada con dúas porterias.

O reglamento é o seguinte:
-O porteiro non pode reter a pelota mais de 3 segundos e non pode sair da zona de gol, pero si que pode tocar a pelota con calquera parte do corpo.
-Cando se lanza un golpe franco, os opoñentes deben estar a 3 metros da pelota.
-Se a pelota sae do terreo de xogo (fóra do valo), o outro equipo pode continuar o xogo a 1 m do punto por onde saíu.
-A pelota pode ser golpeada co pé, pero só unha vez e sen pasala a ningún compañeiro.
-Pódese xogar coa pelota polo aire, mentres que sexa por debaixo dos xeonllos.
-Non se pode entrar en contacto físico cos xogadores contrarios.
-Non se permite xogar sen stick.
Está permitido:
-Quitar a pelota a un opoñente co stick.
-Meter o stick na área de gol.
Non está permitido:
-Entrar na área da portería se es defensor.
-Mover a portería para evitar un gol.
Os aspectos tecno-tácticos son:
-Agarre do stick

A man menos hábil debe estar no extremo do stick, e a mais hábil a uns 20 cm da outra e as pernas deben estar flexionadas, para non dañar a espalda.
–Desplazamentos, paradas e fintas
Para cesprazarse co stick e a bola e preciso facelo co maior control posible e utilizando ambos lados do stick
.-Lanzamento
Realízase igual que un pase, pero con máis forza, polo tanto temos que acercar a pelota ao pé retrasado e exercer unha forte acción coa man dominante.
–Marcaxe
É aacción que fai un xogador sen posesión da bola acercándose ao seu opoñente co obxectivo de impedir que este a reciba ou que a pase a algún compañeiro.
–Pases e recepcións
É importante poder evitar o salto da bola á hora de recibila, por iso hay que colocar o stick formando un ángulo de 90ª.Para realizar o pase, hai que empullar a bola, non golpeala.
4 exercicios para practicar a conducción son:

–Xogar contra a parede, dandolle golpes a bola co stick e parandoas.
–Golpear a bola con ambos lados do stick.
-Parar a bola co stick, co peito ou co pé.
–Dirixir a bola co pé ao stick.











O edificio recibiu os nomes de Palacio Presidencial e a Mansión Executiva, ata que o presidente Theodore Roosevelt en 1902 propuxo ao Congreso que adoptara oficialmente o nome da Casa Branca.