A diarrea

A diarrea é un trastorno que consiste na expulsión de feces líquidas e con máis frecuencia do habitual
Acontece cando o contido dos intestinos delgado e groso non se pode absorber por distintas razóns.
Como consecuencia, pérdese auga en grandes cantidades xuntamente con sales minerais e outros nutrientes.

Para tratar a diarrea debemos tomar alimentos suaves, como o arroz e as patacas, e beber moita auga.

O aparato dixestivo

O aparato dixestivo é o conxunto de órganos e conductos do noso corpo que intervén na dixestión.

A dixestión é o proceso que nos permite extraer  dos alimentos que tomamos as sustancias nutritivas  ou nutrientes que o noso corpo necesita.

O aparato dixestivo está formado por o tubo dixestivo  e dous órganos anexos: o fígado e o pácreas, que fabrican zumes dixestivos.

O tubo dixestivo
O tubo dixestivo é a parte do corpo humano onde se produce a dixestión dos alimentos.

O tubo dixestivo está formado por: a boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.

A carie

Unha das enfermidades máis habituais do aparello dixestivo é a carie.

A carie consiste nunha destrución do dente producida por bacterias que viven na boca.

Estes microorganismos aliméntanse dos restos de comida e producen ácidos, que son os que danan o dente.

Prevención da carie

Cepillar os dentes despois de cada comida.
Non abusar dos alimentos doces nin mastigar gomas de mascar que teñen azucre porque as bacterias utilizan eses azucres, polo que se producen máis ácidos.
Visitar o dentista como mínimo unha vez ao ano.

 

Marie Curie

María Solomea Sklodowska  o Marie Curie, su nombre de casada,nacio el 7 de noviembre de 1867, y murio el 4 de julio de 1934.Fue una científica polaca, que descubrio el campo de la radiactividad y fue la única persona de su época en ganar 2 premios Nobel.

Estudio en la universidad flotante  de Varsovia, y comenzo su formación científica en dicha ciudad.En 1981 se fue con su hermano  a París , y en dicho lugar conocio a su futuro marido, quien fue  quien le dio el puesto de profesora en su propia universidad.

Ella compartió el premio Nobel de física con su marido Pierre Curie, en el 1903.Años después ganó el premio Nobel de química en el 1911.

Hoy en día es recordada por sus premios y por su gran descubrimiento, y como olvidar que dio la vida por la ciencia.Por eso han dedico una veca a su nombre.

O sistema nervioso

O sistema nervioso é un conxunto de tecidos e órganos que transmiten a todo o organismo os impulsos necesarios para os movementos dos músculos e as diversas funcións, e reciben do propio organismo e do mundo externo as sensacións e os estímulos.

O sistema nervioso dividese en dous apartados:

1. sistema nervioso central, formada polo eixo cerebroespiñal, da cal parten os estímulos e á cal chegan as sensacións. Comprende o encéfalo e mais a medula espiñal.

2. sistema nerviosa periférico ao que corresponden os doce pares de nervios que saen do encéfalo, os trinta e un pares que saen da médula espiñal e as ramificacións que se estenden ata a periferia. Os nervios transportan á periferia os estímulos e reciben dela as diversas sensacións que, nun percorrido inverso, son conducidas ao sistema nervioso central.