O aparato circulatorio é o conxunto de órganos e conductos que transportan o sangue a calquera parte do corpo.Está formado polo corazón , os vasos sanguíneos e o sangue.
O SANGUE
O sangue é un liquido espeso de cor vermella, que recolle as substancias nutritivas do aparato dixestivo e o ósixeno dos pulmóns e os distribúe por todos os órganos do corpo. Tamén se encarga de recoller o dióxido de carbono e as substancias de refugallo que se produciron nos órganos.
O CORAZÓN
O corazón é o encargado de impulsar o sangue por todo o corpo. Está protexido polos ósos da caixa torácica. O corazón é un músculo que enche de sangue e posúe catro cavidades, dúas superiores, as aurículas, e dúas inferiores, os ventrículos.
OS VASOS SANGUÍNEOS.
Polos vasos sanguíneos circula o sangue.Hai tres tipos diferentes:
. As arterias. Saen do corazón e levan o sangue cara os órganos do corpo.
. As veas. Recollen o sangue dos órganos e devólveno ao corazón.
. As capilares. Son ramificacións das arteriase as veas que se distribúen poe todo o corpo.





