Unha das enfermidades máis habituais do aparello dixestivo é a carie.
A carie consiste nunha destrución do dente producida por bacterias que viven na boca.
Estes microorganismos aliméntanse dos restos de comida e producen ácidos, que son os que danan o dente.
Prevención da carie
Cepillar os dentes despois de cada comida.
Non abusar dos alimentos doces nin mastigar gomas de mascar que teñen azucre porque as bacterias utilizan eses azucres, polo que se producen máis ácidos.
Visitar o dentista como mínimo unha vez ao ano.