As coordenadas xeográficas son unhas liñas imaxinarias- os paralelos e mais os meridianos-que se trazan sobre o globo terráqueo ou un mapa e nos axudan a localizar un punto exacto sobre a superficie terrestre.
COS PARALELOS COÑECEMOS A LATITUDE
Os paralelos son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre coma se fosen toros ou rodas.O paralelo principal é o Ecuador ou paralelo 0. É o máis grande e divide a Terra en dúas partes: hemisferio Norte e hemisferio Sur. Outros paralelos destacados son: O Tropico de Cáncer, o de Capricornio, o Círculo Polar Ártico e o Círculo Polar Artántico.
A latitude é a distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador. A latitude mídese en graos e pode ser Norte( N) ou Sur ( S ).
COS MERIDIANOS COÑECEMOS A LONXITUDE.
Os meridianos son semimicírculares imaxinarios que van do Polo Norte ao Polo Sur. Dividen a Terra como se fosen os cuarteiróns dunha laranxa.
O meridiano principal é o de Greennwhich ou meridiano 0, a partir do cal se ordenan os restantes, cara ao Leste e cara ao Oeste.
A lonxitude é a distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o meridiano de Greengowhich. Pode ser Leste (LE) ou Oeste (O).
Os meridianos serven tamén para establecer as divisións dos fusos horarios e coñecer así as distancias zonas horarias da Terra