Os peixes

Os peixes son animais vertebrados.Os peixes teñen aletas que lles permiten nadar, tamén teñen escamas que case sempre son de moitas cores.
Poden vivir en auga salgada ou doce, fría ou temperada.
Unha das súas características máis chamativas, e que respiranImagen relacionada mediante branqueas, e dicir non teñen pulmóns.Usan  un órgano respiratorio que soe ter forma de láminas, que colle osíxeno da auga.
Teñen unha capacidade visual moi boa, pero os seus ollos carecen de palpedras.
Os peixes alimentanse de moitas cousas como:outros peixes, algas, calamares, desfeitos ou organismos vivos, e as veces algúns tiburóns comen persoas.

Os artrópodos

Os artrópodos son un filo de animais caracterizados por ter exoesqueleto dividido en partes articuladas: patas, anteas, mandíbulas… É o grupo máis grande e variado. A maioría son terrestres. Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, e a diferenza de todos os filos e de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no aire. Pode ser que os primeiros artrópodos foran similares aos seus presuntos antecesores, os anélidos. O seu corpo era longo e brando, e tiña moitos segmentos ou metámeros, todos eles moi similares entre si equipados cun par de patas. Hai rexistros fósiles de artrópodos desde o período cámbrico. 😉 🙂

Mamíferos

Os mamíferos son un grupo de animais vertebrados, e dicir, que o seu corpo está formado por un esqueleto (conxunto de ósos). Estes animais poden ser moi pequenos como a musaraña e o morcego ou tan grandes como o elefante e o rinoceronte .Viven en moitos hábitats distintos e con distintos réximes alimenticios. Os mamíferos como o seu nome indica cando nacen aliméntanse do leite que a súa nai produce nas mamas, eso indica que son animais vivíparos (nacen do ventre da súa nai) . As características principais destes animais son: o seu corpo está cuberto de pelo, excepto o de algúns animais como a balea e o delfín, a maioría deles teñen catro patas e respiran por pulmóns, normalmente viven na terra. Os mamíferos poden ser salvaxes, por exemplo o tigre, ou poden ser domésticos, un exemplo moi claro e o can porque se o acostumbras ben de pequeno  él de maior farache caso. Este grupo de animais distínguese moi ben dos outros grupos, por ter un olfato moi desenvolvido e por ter a mandíbula inferior formada por un único óso. Estes animais normalmente son os que a maíoria da xente ten de mascota.