Mamíferos

Os mamíferos son un grupo de animais vertebrados, e dicir, que o seu corpo está formado por un esqueleto (conxunto de ósos). Estes animais poden ser moi pequenos como a musaraña e o morcego ou tan grandes como o elefante e o rinoceronte .Viven en moitos hábitats distintos e con distintos réximes alimenticios. Os mamíferos como o seu nome indica cando nacen aliméntanse do leite que a súa nai produce nas mamas, eso indica que son animais vivíparos (nacen do ventre da súa nai) . As características principais destes animais son: o seu corpo está cuberto de pelo, excepto o de algúns animais como a balea e o delfín, a maioría deles teñen catro patas e respiran por pulmóns, normalmente viven na terra. Os mamíferos poden ser salvaxes, por exemplo o tigre, ou poden ser domésticos, un exemplo moi claro e o can porque se o acostumbras ben de pequeno  él de maior farache caso. Este grupo de animais distínguese moi ben dos outros grupos, por ter un olfato moi desenvolvido e por ter a mandíbula inferior formada por un único óso. Estes animais normalmente son os que a maíoria da xente ten de mascota.

 

 

Deixa unha resposta