A proteción do medio

Existen leis que protexen o medio e que todos temos que cumprir.
Como:

Nas visitas do campo, respecta os animais e as plantas: non arrinques plResultado de imagen de gente tirando cosas a la basuraantas nin parte delas, non molestes os animais nin lles deas ningún tipo de comida.Non tires ningún tipo de resíduo ao chán.

Informate de se hai unha organización ecoloxista na que poidas colaborar, por exemplo en campañas para limpar as praias ou bosques.

Leva os obxectos contaminantes (baterías, aceites, cartuchos de tinta, etc.) aos puntos de recollida especiais para iso.

 

Factores do medio físico.

Moitas das propiedades e características do aire, da auga e do chan tamén inflúen nos seres vivos.

Son factores do medio físico:

. A cantidade de luz que hai no medio, que é moi importante para as plantas porque a necesitan para poder fabricar o seu alimento.

Ademais, a maioría dos animais posúen ollos cos que ven a súa contorna grazas á luz que lles chega.