No Corno de África (Somalia) hai máis de 9 millons de persoas que carecen de auga, comida e servizos sanitarios básicos.
A combinación de distintos aspectos como a seca, a peor de los últimos 60 anos, a desaparición do gando , aos conflitos armados , as malas colleitas e o encarecemento dos alimentos levaron á rexión á peor crise humanitaria do seculo XXl.
Segundo Nacións Unidas, decenas de miles de persoas xa faleceron -máis da mitade nenos- e preto de 250.000 persoas en Somalia están en risco de morte se non continúa a intervención humanitaria. E máis, un ano despois da declaración da fame negra en Somalia, unha cuarta parte da pobación do país segue sobrevivindo grazas á axuda humanitaria e máis dun millón de persoas poderían volver sumirse de novo nunha crise alimentaria nos próximos dous meses.
De acordo coas organizacions locais ás que apoian Oxfam en Somalia, o conflito e a escaseza de choivas dos últimos meses afectaron á xente nun momento crucial no seu intento de recuperarse da fame negra do ano pasado, das malas colleitas,
da morte do gando e da destrución dos medios de subsistencia. 




