Isabel (raíña de Castela) naceu o 22 de abril no ano 1451 en Castela; Madrigal das Altas Torres, e morreu o 26 de novembro de 1504, dado que tiña cáncer de útero.

Ela foi a figura real máis importante na historia española. Se non fora polas súas decisións agora mesmo non estarían descubertas moitas cousas das que temos, entre elas América e os seus recursos; dado que foi a que axudou económicamente a que se realizaran as viaxes.
Isabel foi a filla de Juan II de Castela e da segunda muller que tivo, Isabel de Portugal.
Isabel tivo 5 irmáns: Enrique IV de Castela, Alfonso de Castela, Catalina de Castela, Leonor de Castela e María de Castela. No ano 1469 Isabel casou con Fernando II de Aragón, co que tivo 5 fillos. Isabel estivo con Fernando ata que a súa vida deu fin.
Isabel reinou en Castela durante a segunda metade do século XV ata principios do século XVI. Que Isabel reinara foi un exemplo para que as mulleres puideran reinar soas, sen un home gobernando.
Tras case 10 anos de guerra, en 1491, os Reis Católicos (Isabel e Fernando) iniciaron a expulsión dos xudeus, e a reconquista do reino nazarí de Granada. Isto só era cuestión de tempo, e Boabdil, o sultán de Granada, só tiña unha opción: rendirse.
Festexada en toda Europa, a conquista de Granada, había posto fin a 10 anos de guerra entre a Corona de Castela e o emirato de Granada. Isabel, ao contrario do sucedido cando reinaba o seu pai e o seu irmán Enrique IV, ela non só quería obter victorias, senón que pretendía acabar dunha vez por todas co poder do estado islámico na Península.
En 1477 os Reis Católicos, vendo a intriga dos portugueses por conquistar as illas Canarias e novas rutas marítimas, fixeron un pacto con Diego García Herrera e a súa muller para conquistar as illas, dado que eles eran os señores das illas, así foi como os Reis Católicos foron conquistando territorios.
