Consecuencias do cambio climático

Aínda que a temperatura da Terra só aumentou 0.7º C en 100 anos, os efectos do cambio climático son evidentes e moi graves.

Fusión dos casquetes polares e retroceso dos glaciares. A superficie ocupada polo xeo no Polo Norte descendeu nas últimas décadas. En España, os glaciares dos Pirineos tamén se reduciron. Todo isto está provocando un aumento de nivel do mar. Por exemplo o glaciar en Arxentina foi reducindo moito durante estes anos debido ao cambio climático, aquí tedes unha imaxe do ocurrido.

Desertización dos solos. O aumento das temperaturas e o descenso das precipitacións pode provocar a desertación nalgunhas zonas do planeta. O Sur de España, por exemplo, comeza a ter problemas graves de desertización. Por exemplo a arides e seca de Andalucía sufreu cambios climáticos.

Aumentos de fenómenos meteorolóxicos extremos. Nos últimos anos aumentou o número de inundacións, secas, ondas de calor e ciclóns tropicais.

 

 

 

Ameaza para os seres vivos. Moitas plantas e animais non se aclimatan ás novas condicións de vida do seu hábitad; algunhas especies desprázaronse e outras están en perigo. En Europa, poden plantarse viñedos a maior altura  do que se facía antigamente.