As Flores de Loto tamén coñecidas como Nelumbro nucifera é unha das dúas especies pertencentes ao xénero Nelumbro adams Recibe tamén os nomes vulgares de loto sagrado do Nilo,loto sacro ou rosa do Nilo. O termo específico fai referencia aos seue froitos. É sonada a lonxevidade das súas sementes, que poden xermolar despois de 30 séculos. En Galiza só aparece coma ornamental nos encoros dalgúns xardíns. É unha herba acuática con rizomas de 10-20 m de longo, grosos, ramificados, con numerosos catafilos, profundamente enraizados nos fondos dos encoros.
USOS
Ten un uso moi extendido en xardinaxe para xardinaxe para cobertura de tonas de auga, a pesar das súas flores efémeras. Utilízanse numerosos cultivares con diferentes pautas florais. Os rizomas e sementes cómense torradas ou cocidas. Tamén se usa como menciña popular. Considérase planta sacra na India e da China, así como fora no Antigo Exipto.
DISTRIBUCIÓN E HÁBITAT
A especie distribúese de xeito natural polo sur de Rusia, Oriente Póximo, Siberia Oriental, China, Paquistán, Bután.




