A Pantera Nebulosa

A Pantera Nebulosa ou Leopardo Longibando (Neofelis Nebulosa) é unha das especis de félidos pertencentes do xénero Neofelis. As Panteras Nebulosas adoitan medir entre 60 e 110 cm. As femias pesan entre 11 e 20 kg mentres que os machos poden chegar a 65 kg. As manchas que ten no corpo son irregulares de borde negro e interior pardo, que axuda as panteras nebulosas a confundirse entre as follas. O seu nome procede precisamente das súas manchas, de forma parecida a unha nube. En China coñécese como leopardo da menta, xa que as manchas tamén recordan ás follas desa planta. A Pantera Nebulosa pode saltar dunha rama á outra con precisión, desplkazarse ao largo destas e incluso cabeza a abaixo, e descender ao largo dos troncos coa cabeza por diante.

Deixa unha resposta