Peixe lua

O peixe lua é un peixe pelágico tetraodontiforme da familia Molidae. É o peixe óseo máis pesado do mundo, cunha media de 1000 kg de peso e con exemplares que alcanzan máis de 3 m de lonxitude e superan as 2 toneladas. É unha especie cosmopolita que habita en augas tropicais e tépedas ao longo de todo o planeta. Ten o corpo esmagado lateralmente e cando estende as súas aletas dorsais e ventrales, o peixe é tan longo como alto.3961349_249px
Aliméntase principalmente de varios tipos de zooplancton gelatinoso como as medusas, das que consome grandes cantidades para poder desenvolverse e manter o seu gran tamaño, posto que é unha dieta pobre en nutrientes. As femias desta especie poden producir ata 300 millóns de ovos, máis que calquera outro vertebrado coñecido.Os alevíns do orellán parecen pequenos peixes globo con grandes aletas pectorales, unha aleta caudal e espiñas corporais que non teñen os exemplares adultos.

 

Deixa unha resposta