A mimosa é unha planta invasora, unha especie arbustiva o arbórea pertencente da familia das leguminosas. Tratase dunha árbore de 10-12m de altura, perenne, usado en xardinería ornamental, de crecemento rápido pero raramente exceden dos 30 anos de idade. De cortiza grisácea ou branca, moi ramificado. Ramas angulosas, pubescentes. Follas bipinnadas de 8-20, cada unha de elas con 25-40 pares de folíolos, con feixe glabro e o envés tomentoso. Inflorescencia en glomérulo globoso con mais de 25 flores, moi olorosas. Pedúnculos pubescentes. Florece de xaneiro a marzo. Multiplícase por sementes.
É orixinaria de Australia e de Tasmania, ata os 1000 msnm.
Plántanse en parques, rúas, paseos, aínda que o uso mais extendid
o é a xardinería, por o color das suas flores e o número de elas, ofrecendo conxunto de
gran beleza. Cultívase como fixador de terreos e pola goma do que se obtén do seu tronco de alto contido en taninos.Obtense produtos quimícos, forraxe , usos domésticos, manexo ambiental, fibra, alimentos, bebidas e ,madeira .Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, foi catalogada no Catálago Español de Especies exóticas invasoras.