Unha galaxia é un conxunto de estrelas, nubes de gas, planetas, polvo cósmico, materia oscura e enerxía unida gravitatoriamente. A palabra galaxia procede dos gregos, os cales atribuían no nacemento dunha galaxia as gotas de leite derramadas no universo pola diosa Hera mentres alimentaba o seu fillo Heracles. A cantidade de estrelas que forman unha galaxia é incontable, dende as galaxias ananas que conteñen uns poucos miles de estrelas ata xigantes que poden chegar a ter un trillón de estrelas, con ca
da unha destas orbitando o centro de masa da galaxia. As galaxias categorízanse segundo a súa morfoloxía visual en elípticas, en espiral e irregulares. Pensase que o nucleo activo de moitas galaxias e un burato negro. O burato negro da Via Lactea coñecese co nome de Sagittarius A*, e ten unha masa catro millóns de veces maior que o sol. A data de xullo de 2015, EGSY8p7 era a galaxia máis vella e distante coñecida con respecto a terra, a unha distancia de 13.200 millóns de anos luz da terra e observada coma existía 570 millóns de anos tralo Big Band. Previamente, a data de maio de 2015, EGS-zs8-1 era a galaxia máis remota coñecida, a uns 13.100 millóns de anos luz e cun 15% estimado da masa da Vía Láctea.