04/05/2016
Unha zona do monte situada nun das marxes da estrada que comunica o núcleo de Palmeira co lugar de Moldes, a uns 500 metros do campo de fútbol de Bentín e moi preto da ponte da Autovía do Barbanza, rexistrou pouco antes das nove e media da noite deste mércores un incendio forestal no que arderon uns 3.000 metros cadrados dun monte arborizado, segundo os cálculos iniciais. Foi un particular o que avisou á Policía Local de Ribeira, que mobilizou a unha patrulla ata o lugar para comrpbar o alcance do lume. Do mesmo xeito, ata a zona afectada pola chamas acudiron o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) cunha motobomba, ademai
s dun axente e unha brigada forestal cunha pick-up. O lume foi sufocado con rapidez, pero cando chegaron os medios de extinción púidose observar que as chamas xa non avanzaban ao frearse nunha pista asfaltada, ademais de que tampouco sopraba o vento coa forza suficiente como para avivalo e que puidese estenderse con perigo cara a outras áreas.