Os factores xeográficos que inflúen nos climas son: a latitude, a distancia ao mar, o relevo e a altitude,
Segundo como se combinan estes factores, as temperaturas e as precipitacións dun territorio varían en relación con outros e, xa que logo, rexístranse climas diferentes.
.A latitude é a distancia dun punto ao Ecuador.
A latitude condiciona o clima porque segundo aumenta ( segundo nos afastamos do Ecuador) , a temperatura descende e as precipitacións son menos abundantes. Pola contra, cando nos atopamos máis preto do Ecuador, as temperaturas son máis elevadas e chove máis.