Os cometas son corpos de forma irregular, fráxiles e pequenos (en relación con outros corpos espaciais), compostos por unha mestura d
e grans non volátiles e gases conxelados. Teñen órbitas moi elípticas que os leva moi preto do Sol e os devolve ó espazo profundo, moitas veces alén da órbita de Plutón.
As estructuras dos cometas son diversas e moi dinámicas, pero todos eles desenvolven unha torre de material difuso que os rodea, denominada cabaleira (a ‘cola’, que vai detrás ó achegarse ó sol e diante ó afastarse, pasando a chamarse ás veces ‘barba’), que xeralmente crece en tamaño e brillo á medida que o cometa se aproxima ó Sol. Xeralmente é visible un pequeno núcleo brillante (de menos de 10 quilómetros de diámetro) cara a un extremo da cabeleira. A cabeleira e mais o núcleo xuntos constitúen a cabeza do cometa ou cometa visible.