As inmediacións do poboado ribeirense da Conlleira, na marxe esquerda do tramo final da Autovía do Barbanza – ou na marxe dereita da zona da entrada de Xarás-, foron escenario de un incendio forestal no que, segundo as estimacións, ardeu unha superficie próxima a unha hectárea de monte arborizado e outra de raso na que hai un tempo levou a cabo unha talla nunha plantación de eucaliptos. Ese suceso que se rexistrou pouco antes das oito da tarde desde xoves xunto a pista que pasa por esa zona de Deán, quedou nun conato grazas á rápida intervención de un axente e unha brigada do distrito forestal, así como dos efectivos de garda do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) da capital barbancesa, que lograron sufocalo con rapidez. Con todo, un par de horas despois reavivouse o lume uns 50 metros máis baixo do foco anterior e en catro focos, e que o forte vento reinante encargouse de reavivar. Inicialmente creuse que foi ese vento puido lanzar algunha charamusca dun sitio para outro, p
ero a principal liña de investigación apunta a que todos os focos foron intencionados. A noite xa se botou encima, polo que as chamas fixéronse mais visibles á vista dos conductores e todos cuantos pasaron polas inmediacións do incendio. Desde os servizos de emerxencias mobilizouse á Policía Local e, novamente a un axente e unha brigada forestal, ademais do GAEM, que xunto cos Bombeiros do parque comarcal de Ribeira, cos seus respectivos vehículos motobomba, logaron controlar e apagar o lume en pouco más de media hora. A partir das once menos cuarto da noite e durante as horas seguintes, a brigada forestal e unha dotación do GAEM permaneceron no lugar para regar abundantemente a zona queimada e evitar que o incendio se reproducise.