.O esqueleto : o esqueleto é unha armadura que aguanta o noso corpo e lle dá forma, protexe os órganos internos, como o cerebro, o corazón ou os pulmóns, e, xunto cos músculos, permite os movementos do corpo.
O esqueleto humano está formado por uns 206 ósos, numerosas articulacións e cartilaxes.
.Os ósos son os órganos máis duros e ríxidos do corpo, xa que están formados por tecido óseo, un tecido que contén substancias minerais como o calcio.
Pero os ósos son asemade moi lixeiros porque están constituídos en gran parte por pequenos espazos baleiros.
Os ósos poden ser de tres tipos: longos, como o úmero; curtos, como as vértebras; ou planos, como os máis visibles do cranio.
As articulacións son as unións entre diferentes ósos.
Poden ser móbiles, como as do xeonllo, que permiten o movemento; semimóbiles, como as vértebras, que permiten pequenos movementos; e fixas, como as do cranio, que impiden o movemento.