O clima de España

A  meirande parte do territorio español ( Península e Baleares) ten un clima temperado. A única excepción son as illas Canarias que, debido á súa latitude, teñen  un clima cálido(subtropical).O clima da Península Ibérica presenta catro variedades:atlántico, mediterráneo, mediterráneo-continental e de montaña.Estas varidades débense a dous factores:

A influencia do mar, que suaviza as temperaturas e regula as precipitacións.Estas son moito máis abundantes nas terras que bordean o Atlántico e o Cantábrico que no Mediterráneo.

A disposición periférica do relevo fai que a influencia do mar non chegue ás terras do interior.

Deixa unha resposta