Neptuno

Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol,e o xigante gasoso máis afastado do sistema solar.Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é unha versión estilizada do tridente de deus. Neptuno ten 17 veces a masa da terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da terra pero non é tan denso.De media, Neptuno orbita ao redor do sol a unha distancia de 30,1 UA, unhas 30 veces a distancia da terra ao Sol. Neptuno foi o primeiro planeta atopado por predición matemática en vez de por obserbación empirica. Inesperados cambios en la órbita de Urano levaron a Alex Boubard a deducir que esta era obxecto dunha perturbacion gravicional producida por un planeta descoñecido. Neptuno foi posteriormente observado o 23 de setembro de 1876 por Johan Galle máis ou menos na posición pronosticada por Urbain Le Verrier, e a súa maior lúa, Triton, foi descuberta pouco despois, aínda que ningunha das restantes 13 lúas foron localizadas telescopiamente ata o século xx. Neptuno foi visitado por unha nave, Voyager 2, que sobrevoou o planeta o 25 de agosto de 1989. Orbitando tan lonxe do Sol, Neptuno recibe moi pouca luz do Sol. O planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos do sistemaneptune_full solar, que están por riba dos 2.000 km/h; considérase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor. A estrutura interna lembra a de Urano-un núcleo rochoso cuberto por unha codia de xeo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, auga, amonio líquido e metano.

Deixa unha resposta