O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda civil de SEPRONA detivo a un home en Canzobre, en Arteixo, polo <lamentable estado de abandono> de tres cabalos e dous cans. Os axentes entraron na leira por mor da denuncia presentada pola actual propietaria ao acceder atopáronse a dous cabalos <esfameados> e dous cans desatendidos. Ademais tamén localizaron o cadáver doutro cabalo que faleceu <como consecuencia de violar as necesidades básicas dos devanditos animais, ao non darlle de forma regular comida e bebida>, segundo o instituto armado.
A Garda Civil detuvo ao responsable da explotación gandería por un suposto delito de malos tratos animais. As dúas eguas, o poldro e os dous cans foron entregados á actual propietaria, <onde xa recibiron os coidados necesarios> segundo o Seprona.
