Burj Khalifa é o rañaceos máis alto do mundo (construcción máis alta realizada polo ser humano) cuns 828 metros de altura, encóntrase en Dubai, o seu diseñador e creador foi o arquitecto Adrián Smith.
A súa construcción comezou o 21 de setembro de 2004 e a súa inauguración oficial foi o 4 de xaneiro de 2010.
A construción do Burj Khalifa contou cun orzamento estimado de máis de 4.000 millóns de dólares, que se incrementou ata os 20.000 millóns para o desenvolvemento completo do Downtown Burj Khalifa.
O 21 de Xuño de 2007 o Burj Khalifa sobrepasou a altura do que era ata entón o edificio máis alto do mundo, o Tapei que media uns 509 metros. O 17 de Xuño de 2009 o edificio acadou a súa máxima altura, 828 metros.
O Burj Khalifa ten máis de 160 plantas (apróximadamente 163). Dentro do Burj Khalifa hai 160 pisos habitables, dos cales 49 están destinados a oficinas e 61 a apartamentos, o edificio conta con 58 ascensores que viaxan a velocidade de 10 metros por segundo, e no piso 124 un balcón aberto ao público que ofrece unha vistas panorámicas impresionantes.