As sabanas son biomas propios dos trópicos. Atópase en extensas rexións de África, Asia, Australia e América do Sur. Nelas predomina a vexetación herbácea. Con todo, non carecen de árbores, aínda que estes atópanse dispersos. O chan da sabana é arcilloso e impermeable. Unha característica propia deste bioma é a alternancia du
nha estación húmida e outra seca. A estación seca é moi árida, característica que facilita a propagación de incendios. O lume axiliza o crecemento das herbas e frea o desenvolvemento das árbores, acelera a mineralización do chan e o crecemento das plantas que se adaptan a esas condicións.
A sabana africana ocupa o este da área central de África, rexistranse temperaturas medias de 23º C, con precipitacións anuais de 600 mm. Non existe unha fronteira determinada entre o bosque e a sabana.