A frauta traveseira consiste nun tubo alongado de madeira, cana ou metal que ten un furado para soprar nun lateral e outros cantos, normalmente seis, para os dedos, de xeito que se pode executar unha melodía nelas. Na clasif
icación técnica segundo Hornbostel e Sachs este tipo de frautas pertencen ao grupo 421.121.12 (frautas de sopro lateral ou traveseiras) e no noso sistema de cultura tradicional son todas consideradas como verdadeiros instrumentos musicais, aínda que a consideración social do instrumento depende do material con que se fai o instrumento, de a quen acompaña e do xeito en que se toca. En canto á consideración do instrumentista, esta depende do tipo de instrumento que toca, pero sobre todo de como o toca.