A cobaia (Cavia porcellus) é unha especie híbrida doméstica de roedor, e da familia dos cavíidos.
Alcaza o peso ata 1 kg.Vive entre 5 e 8 anos. As cobaias poden ter o pelo corto ou o longo.
Ao longo do tempo os homes de Bolivia, Chile e Perú criaron cobaias para consumir a súa carne e incluso, nalgunhas zonas, para facer roupa coa súa pel. Nos países andinos (Bolivia,Colombia, Venezuela,Perú) existe unha poboación estable de máis ou menos 35 millóns de cobaias sendo Perú onde maior poboación hai, e onde máis se consume este animal.
As cobaias precisan espazo e compañeiras para manterse en bo estado de saúde. Para ter as cobaias sans e evitar enfermidades débese: alimentalas ben, manter limpas as gaiolas, evitar a presenza de alimento en mal estado, poñer as cobaias novas qu se adquiran noutra gaiola durante catro días para observar o seu comportamento antes de xuntalas cos que xa se teñen.
Outra das razóns para a crianza deste roedor é para comercializalo como animal de compañía. Na actualidade críase cada vez máis para telo como mascota, ao poder convivir con nenos pequenos.
A cobaia é un animal moi común para a experimentación en investigación biomédica, de aí ven a expresión cobaia ou coello de Indias se utilice popularmente como sinónimo de obxecto de experimentación.