Mercurio é o primeiro planeta do Sistema solar , contando a partir do Sol . É o segundo menor do sistema solar : o seu diámetro é un 40% menor que o da Terra e só un 40% maior que o da Lúa. É ata menor que Ganimedes , unha das lúas de Xúpiter , ou que Titán, u
nha lúa de Saturno. É un mundo inhóspito para os humanos, no que se acadan altas e tamén baixas temperaturas, debido á proximidade do Sol e a que por efecto da marea solar a través do tempo, ten unha duración de día parella á do ano (período de revolución arredor do seu propio eixe en relación ó período de revolución arredor do Sol), e polo tanto, cando unha parte do planeta entra na súa propia sombra, emite moita calor. É un mundo morto tamén xeoloxicamente, pois ten un tamaño reducido como planeta (é dicir, gran superficie pola que puido saír ó exterior a enerxía interna debida á aglutinación de materiais no centro planetario, deixando tal fuga enerxética de ter relevancia xeolóxica hai tempo e polo tanto, deixando de ter enerxía para os movementos da superficie), sendo a influencia solar sobre o planeta a maior con diferenza de todo o sistema solar