Mortalidade infantil en África

A mortalidade infantil é a morte de nenos e nenas por desnutrición, enfermidades, falta de medicamentos e centros de saúde. Isto actualmente onde máis ocorre é nos países de África. A África subsahariana é a única rexión do mundo que experimentou no aumento de mortes de menores de cinco anos, especialmente en Kenia, República Central Africana, Congo, Zambia…
En África Subsahariana están morrendo cada día 800 nenos e nenas debido a infeccións respiratorias agudas, diarrea, sarampión e infeccións perinatales.
E mentres iso pasa, en outros lugares preocupámonos de evitar a obesidade e tiramos a comida, que a outras persoas lle fai falta.
En varios países africanos conseguiron reducir as tasas de mortalidade infantil a menos da mitade dos últimos vinte anos. Que iso disminuira non foi debido a os antibióticos, nin as vacunas, porque iso sucedeu antes de que isto se descubrira, foi debido a mellora de nutrición e hixiéne.
Para evitar isto as persoas deberíamos ser menos avariciosas e as persoas que poidan dar unha axuda que o fagan para evitar estes problemas, non nos temos que aproveitar das súas riquezas nin explotalos pola mala xestión de diñeiro que hai nos países.
Se a tasa de supervivenza dos nenos e nenas aumentara non sería preciso ter tantos fillos e fillas para ter descendentes familiares.
Non podemos despreciar a os africanos por ter diferente cor de pel, relixións e culturas, eles teñen os mesmos dereitos ca nós, de ter unha vivenda onde poder habitar e o necesario para ter unha vida adecuada,sen ter que pasalo mal.

 

 

Deixa unha resposta