A FORMACIÓN DA SEMENTE

Como resultado da fecundación, en cada rudimento de semente fórmase un cigoto, que se converte finalmente nun embrión.

O rudimiento de semente convértese nunha semente.

A semente está formada principalmente polo embrión e por substancias de reserva para alimentar o embrión ata que se converta nunha planta.

Para que se converta nunha nova planta as sementes ou os froitos que as conteñen teñen que caer no chan nun lugar axeitado para que se poidan desenvolver máis doadamente.

Os dous sistemas máis comúns que utilizan as sementes para espallarse son o vento e os animais.

Deixa unha resposta