Os animais vertebrados

Os animais vertebrados son animais que teñen un esqueleto interno formado por uns ósos resistentes e firmes que sosteñen o corpo.

Divídense en 5 grupos:

Mamíferos
Son animais vivíparos, e dicir que as crías deses animais nacen directamente do corpo da súa nai e despois de nacer alimentánse do leite que a súa nai produce nas súas mamas. Son animais con pelo, a maioría deles teñen catro patas, viven na terra e respiran por pulmóns,

Aves
Son ovíparas, e dicir as súas crías nacen de ovos. O seu corpo está cuberto de plumas, teñen dúas ás que case todas as aves usanas para voar, teñen pico todas, dúas patas e tamén respiran por pulmóns.

Peixes
Reprodúcense de ovos. Estes respiran por branquias están situadas na parte posterior da cabeza, teñen aletas para poder nadar e o corpo cuberto de escamas.

Anfibios
Son ovíparos, respiran por pulmóns e tamén a través da pel, deben manter a pel húmida viven dentro e fora da auga, desprázanse nadando, saltando ou reptando.

Réptiles
Son ovíparos e respiran por pulmóns. Desprázanse reptando, o seu corpo está cuberto de escamas e algúns como as tartarugas teñen cuncha.

 

Deixa unha resposta