O aparato circulatorio

O aparato circulatorio é o conxunto de órganos e conductos que transportan o sangue a calquera parte do corpo.Está formado  polo corazón , os vasos sanguíneos e o sangue.

O SANGUE

O sangue é  un liquido espeso de cor vermella, que recolle as substancias nutritivas do aparato dixestivo e o ósixeno dos pulmóns e os distribúe por todos os órganos do corpo. Tamén se encarga  de recoller  o dióxido de carbono e as substancias de refugallo que se produciron nos órganos.

O CORAZÓN

O corazón é o encargado de impulsar o sangue por todo o corpo. Está protexido  polos  ósos  da caixa torácica. O  corazón é un músculo que enche  de sangue e posúe  catro cavidades, dúas superiores, as aurículas, e dúas inferiores, os ventrículos.

OS VASOS SANGUÍNEOS.

Polos vasos sanguíneos circula o sangue.Hai tres tipos diferentes:
. As arterias. Saen do corazón e levan o sangue cara os órganos do corpo.
. As veas. Recollen o sangue dos órganos e devólveno ao corazón.
. As capilares. Son ramificacións das arteriase as veas que  se distribúen poe todo o corpo.

Deixa unha resposta