Segundo a información que conteñen, os mapas poden ser de tres tipos: físicos, políticos e temáticos.
OS MAPAS FÍSICOS
Os mapas físicos son unha representación das distintas formas do relevo terrestre: montañas, mesetas, vales, chairas, desertos, accidentes costeiros… Tamén se sinalan os océanos, mares, ríos,lagos…
OS MAPAS POLÍTICOS
Os mapas políticos amosan a organización dun territorio. Neles figuran as fronteiras dos países, as provincias, as rexións, as comarcas ou as bisbarras. Tamén aparecen as cidades e as vilas e aldeas.
MAPAS TEMÁTICOS
Os mapas temáticos reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade. Poden ser de moitos tipos pero os máis habituais son: de poboación, de recursos económicos, comunicacións,etc.