Os animais e os ecosistemas

Nun mundo ocupado por 7000 millóns de persoas, os bosques, que representan máis do 30% do territorio e conteñen o 80% da biodiversidade do planeta, perden anualmente 13 millóns de hectáreas, unha superficie equivalente á cuarta parte da Península Ibérica.

As causas que sinalan os expertos están todas provocadas polos seres humanos: sobreexplotación e corta ilegal, conversión a terras agrículas e gandeiras, recolección insostible de madeira, xestión inadecuada da terra, creación de asentamentos humanos, explotacións mineiras e petrolíferas, ou construcción de encoros e estradas, entre outras.

Por iso, o lema elexido para a campaña é Os bosques para as persoas, co obxetivo de resaltar o papel fundamentalmente dos seres humanos na protección dos bosques, fogar de 300 millóns de persoas no mundo, especialmente pobos indíxenas que tamén están ameazados.

España ten 14,4 millóns de hectáreas de bosques, o que converte ao noso país no cuarto de Europa con maiores recursos forestais despois de Suecia, Finlandia e Francia.descarga-9

Deixa unha resposta