Os paralelos son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre coma se fosen toros ou rodas.
O paralelo principal é o ecuador ou paralelo 0. É o máis grande e divide a Terra en dúas partes hemisferio norte e hemisferio sur. Outros paralelos destacados son o Trópico de Cáncer, o Trópico de Capricornio, o círculo polar Ártico e círculo polar Antártico.
A latitude é a distancia entre calquera punto da superficie terrestre e o Ecuador. A latitude mídese en graos e pode ser
Norte (N) uo Sur (S).
Os meridianos son semicírculos imaxinarios que van do Polo Norte ao Polo Sur. Dividen a Terra coma se fosen os cuarteiróns dunha laranxa. O meridiano principal é o de Greenwich ou meridiano 0, a partir do cal se ordenan os restantes, cara ao Leste (LE) ou Oeste (O). Os meridianos serven tamén para establecer as divisións dos fusos horarios e coñecer así as distintas zonas horarias da Terra.