É unha árbore de talle medio a elevado, de aproximadamente 30 metros de altura. A vantaxe é que é unha especie de crecemento rápido xa que alcanza un diámetro de toro de más de 50 centímetros en 25 ou 35 anos. Posúa unha copa aplanada ou abovedada na súa madureza, coas pólas inferiores extendidas. Ten o tronco recto con ritidoma groso de cor pardo-avermellada. As follas, tipo arume, son duns 15 cm de lonxitude agrupadas en tres acículas. Estróbilos ovoides de 7–14 cm de lonxitude agrupados en parellas ou verticilos de 3-5 coas escamas externas moi prominentes. As piñas son máis cativas que as do piñeiro bravo, non superando os 12 cm de lonxitude e son ovoideas e moi asimétricas. Os piñóns miden entre 5 e 8 mm